No evento presentáronse experiencias de éxito e referentes a nivel galego: a Ruta dos Naufraxios da Costa da Morte e Eufundevivo e DestinoCedeira
O responsable autonómico resaltou o vínculo social e económico de Galicia coas as actividades pesqueiras cunha indeleble pegada no territorio deixando unha enorme riqueza patrimonial que abre moitas oportunidades como ferramentas na diversificación das economías dos municipios de costa. Nesta liña, valorou moi positivamente a celebración deste tipo de xornadas que serven de escaparate para coñecer o que se está a facer noutros puntos da xeografía galega e que poden inspirar novas iniciativas noutros concellos.
O conselleiro sinalou que Galicia foi a primeira comunidade en seleccionar os grupos, en ter as estratexias aprobadas e que e que leva xa dous convocatorias, a de 2023 e 2024 para a presentación de proxectos no marco do novo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa), publicadas o 26 de setembro de 2023 e o 31 de xaneiro de 2024, cun orzamento de 18,7 e de 19,5 millóns de euros respectivamente.
No evento presentáronse experiencias de éxito e referentes a nivel galego que poñen en valor o patrimonio cultura ligado ao mar, a zona costeira e a tradición mariñeira, como unha maneira e fomentar o crecemento económico do territorio a través de iniciativas que potencien a economía azul. Deste xeito, expuxéronse os proxectos Ruta dos Naufraxios da Costa da Morte, Eufunvivo e DestinoCedeira.
O acto tamén contou cun espazo de networking no que compartir experiencias inspiradoras que sirvan de base para favorecer o xurdimento de novos proxectos innovadores ligados ao desenvolvemento sostible e un espazo participativo para fomentar e apoiar propostas empresariais e sociais que podan empregar o Fempa como ferramenta de financiamento para o desenvolvemento local participativo.
Balance Galp
No período 2016-2024 os oito Galp galegos desenvolveron 703 proxectos que catalizaron máis do 53% de investimento privado, achegando un total de 80 millóns de euros dos cales 132 foron no de A Mariña-Ortegal. Así, dos preto de 40 millóns aportados pola Consellería do Mar, máis de 5,5 millóns foron a parar a iniciativas apoiadas por esta entidade permitindo crear 42 novos empregos a tempo completo, o que representa o 10,4 % do total a nivel galego.