O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explicou que se executou un novo pavimento de cemento desactivado, máis resistente e acorde coa contorna
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, comprobou o resultado da actuación e explicou que afectou á rampla principal de acceso dos vehículos, desde a rúa Camiño Norte, e a unha parte da zona de estacionamento.
Arias explicou que se substituíu o antigo chan de saburra por pavimento de cemento desactivado, que é máis duradeiro e funcional ao tempo que mantén unha estética acorde coa contorna monumental do lugar.
O aparcadoiro está situado no conxunto histórico de Mondoñedo, xunto á igrexa de Santiago, polo que a actuación requiriu do informe favorable da Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Xunta.