Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta inviste 8,2M€ na mellora da seguridade e capacidade da estrada LU-540 entre Viveiro e Ourol

A conselleira de Vivenda de Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, supervisou hoxe estas obras

Viveiro, 15 de novembro de 2024. A Xunta inviste 8,2M€ na mellora da seguridade e capacidade da estrada LU-540 entre Viveiro e Ourol.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto co delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, supervisou hoxe as obras nesta vía autonómica.

M. Allegue explicou que estas actuacións van transformar dun xeito integral esta estrada, no tramo de 15,5 quilómetros que une Viveiro con Ourol.

Os obxectivos desta intervención son reforzar a seguridade e a eficiencia desta estrada, cunha intensidade media de 3.000 vehículos ao día, así como incrementar a competitividade territorial desta contorna.

Trátase dunha mellora ambiciosa, que ademais de permitir a redución do tempo de viaxe, aumentará a seguridade no traxecto con intervencións que inclúen novos carrís de adiantamento, a rectificación de curvas, reforma de interseccións e a renovación do firme.

O proxecto tamén contempla a mellora da intersección que dá acceso ao núcleo de Ourol e a mellora do firme en todo o treito obxecto das obras.

As actuacións constan dun prazo de execución de 24 meses, polo que se prevé que a finais do verán do 2026 estas obras poidan estar rematadas.

A conselleira remarcou o compromiso da Xunta coa seguridade viaria, a través da conservación das estradas autonómicas, tal como recollen os Orzamentos da Xunta para 2025, con partidas que suman máis de 68M€ para esta materia , un 30% máis que este ano.

Exit mobile version