A Pastoriza, 6 de novembro de 2024. A Xunta entregou unha vivenda de promoción pública en réxime de alugueiro situada no lugar da Igrexa, no concello da Pastoriza. O inmoble ten unha superficie de 90 metros cadrados e conta con tres dormitorios e praza de garaxe.
O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, fixo este mércores entrega das chaves á persoa adxudicataria e explicou que para optar ás vivendas de promoción pública autonómica hai que inscribirse no Rexistro único de demandantes de vivenda de Galicia, un trámite que se pode realizar en calquera momento do ano. As solicitudes poden efectuarse a través da sede electrónica da Xunta ou de forma presencial, nas oficinas do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).
“Estamos a cumprir con unha das prioridades do Goberno galego, que é facilitar o acceso a un fogar a persoas que o demandan e o necesitan, coa posta a disposición dun parque público de vivendas en alugueiro da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas para os colectivos e unidades familiares con maiores dificultades de acceso”, sinalou Arias.