Site icon Crónica3.com A Mariña

A Xunta colabora un ano máis coa Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo na convocatoria dos premios “Son muller”, que recoñecen proxectos emprendedores e empresariais liderados por mulleres na provincia

A entidade presentou hoxe a iniciativa nun acto no que participou a directora territorial da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, Carmen José López. As bases establecen tres categorías: ao mellor proxecto emprendedor -que leve como máximo 42 meses en marcha-, á mellor empresa, e ao mellor proxecto empresarial situado no rural. As persoas interesadas en inscribirse teñen de prazo desde hoxe ata o 28 de novembro.

Exit mobile version