Cando chegamos ó goberno, atopámonos que o estado dos camiños era lamentable. Tal parecía que durante moitos anos, ninguén se preocupara deles.
Efectivamente, analizando a ordenanza de pistas forestais, puidemos ver que, aparte de non concretar nada, requiría unhas fianzas que, segundo a documentación, non seguían un criterio técnico, senón un criterio político. Uns poñían e outros non, uns facían as cousas ben e outros non e as sancións eran tan esaxeradas que eran imposibles de aplicar. É dicir, era unha ordenanza simbólica porque non se estaba aplicando.
Tan lamentable era a situación como o estado dos camiños e vímonos na obriga de tomar decisións. Falamos cos maderistas e con Lugomadera e firmamos un acordo. Un acordo que xa hai en todos os Concellos, non é nada particular de Ribadeo. E agora, o que fixemos foi redactar unha ordenanza nova, real, que o único que pretende é conservar, coidar e velar polos camiños públicos. Unha ordenanza da que moitos Concellos queren saber pola importancia da súa rigorosidade e do criterio técnico.
Cando dicimos “ordenanza real” referímonos ás multas coercitivas de 1.000€ a 3.000€ para obrigar ó maderista a conservar. Se non se conserva, o Concello arranxará a pista e cobraralle ó maderista a través da execución subsidiaria, e chegados a este punto haberá sanción de entre 10.000€ e 50.000€. Agora cada maderista tamén ten que informar a través dunha aplicación (NOTIFOR) o lugar onde está talando e as pistas por onde sacará a madeira. ¡TODOS OS MADERISTAS! Nós non aplicamos o “amiguismo”, aplicamos a Lei. Este goberno foi o primeiro que dixo que se non se arranxaban as pistas, non se sacaría a madeira. E prohibiuse! Quizáis tamén sexamos o primeiro goberno que non se vende e por iso temos a liberdade absoluta para defender os dereitos dos nosos veciños POR IGUAL.
Resumindo ¿A QUÉN PRETENDEN ENGANAR? Había unha ordenanza imposible de aplicar que en dezaseis anos non se molestaron en modificar, non había ningún criterio técnico para poñer as fianzas, durante dezaseis anos non miraron para as pistas forestais e agora veñen dicindo que teñen unha proposta. ¿Cál? ¿Volver ó “amiguismo” das fianzas na que uns si e outros non?
Nós somos moito máis rigorosos e aperturistas e gobernamos para todos por igual, sexa quén sexa. Nós redactamos unha ordenanza RIGUROSA e TÉCNICA, con puntos CLAROS, CONCISOS e REAIS , e da que moitos Concellos queren saber. Tan errados non estaremos…
En fin, como sempre dicimos, nós ó noso, traballando arreo e defendendo os intereses de Ribadeo e dos nosos veciños ¡POR IGUAL!