Pois nada, que o Bng segue sen enterarse de nada. Confunde a terminoloxía e pretende confundir ós veciños. Unha cousa é GASTO e outra moi diferente INVERSIÓN… e xa non digamos XESTIÓN! Son tres conceptos que o Bng mezcla e utiliza sen ningún tipo de criterio.
Desde logo xa sabemos que na súa etapa, inversión pouca ou nada. Non hai máis que ver cómo estaba Ribadeo fai un ano e o que aínda queda por facer. Nós SÍ estamos dedicados ó traballo, agora SÍ hai xestión e en consecuencia pode haber inversión.
QUÉ LLE MOLESTA TANTO Ó BNG? ¿Os convenios que chegaron e os que están de camiño?
QUÉ LLE MOLESTA TANTO Ó BNG? Nun ano e catro meses actuamos nas parroquias, na limpeza das pistas de terra da concentración que non se limpaban desde que se fixo, actuamos nas principais vías de comunicación con aglomerado, estamos actuando en Pastoriza – Frieira Vella, en Lourido (Santalla) e en Remourelle. Vamos empezar a carretera da costa que xa que estamos, aproveitamos para dicirlles, que de paso que saen dicindo o que saben pero sen saber o que din, podían explicarlles ós veciños o motivo polo que, en preto de vinte anos, non miraron para ela. Seguen facéndose oposición a eles mesmos dicindo que hai fochancas, e claro que as hai, pero o abandono de dezaseis anos non se recupera nun ano…
Estamos recuperando todas as fontes, algunha resucita de entre a maleza! En Rinlo estamos traballando na recuperación dun dos lavadoiros, ¿saberán del? Porque de repente non apareceu e tanto os veciños como a Asociación están fartos de reclamalo. Igual que o lavadoiro de O Cristo, que dubidamos moito saiban onde está. Tamén se está actuando no adecentamento das bases dos contedores, empezamos por Arante e pouco a pouco iranse arranxando todas porque o estado é lamentable, tiradas ou mal enganchadas. Agora van estar suxeitas e cunha base de pedra que é como deben estar. Tamén se están arranxando as marquesiñas de madeira, que sí, son moi bonitas para a foto pero que logo teñen un mantemento que, á vista está, non tiveron. Agora hai que traelas ó taller e recuperalas. Con traballadores municipais!! ¿Qué lles parece? Os alumeados!! Anos e anos solicitudes aparcadas polos caixóns. Vergoñento!!
No casco urbano estamos recuperando o parque de San Miguel, olvidado e abandonado, Virgen del Camino, tanto o parque de Indianos como as aceras, que tamén estaban as solicitudes abandonadas nos caixóns do Concello. Arranxamos toda a zona dos canapés do Jardín, patrimonio de todos; Plaza de Pancho Maseda; Clemente Martínez Pasarón, toda esa zona onde algún día colocaron uns contedores para a foto e que tamén deixaron abandonados; o Centro de Día, por dentro e por fora; edificios públicos nos que hai que mellorar a accesibilidade. O Bng, que tanto que predica, non foi capaz de mellorar a accesibilidade en ningún dos edificios públicos. De novo, QUÉ VERGOÑA!!, cómo dirían eles!!
A Escola de Música na que tamén houbo que actuar, cambiáronse as ventás e hai que poñerlle ascensor, que xa tiña que estar feito hai moito tempo, pero en dezaseis anos, o Bng, acordábase deste edificio en época electoral… que era para o que lle importaba.
E por suposto, a maior inversión que hai estes momentos que é a Residencia Hospital Asilo coa que pretenderon sacar proveito electoral como en épocas anteriores, pero saíulles o tiro pola culata. Por certo, mal que lle pese ó Bng, as obras seguen avanzando en tempo e forma supervisada baixo a dirección de técnicos do Concello que lles recordamos poden facilitarlles toda a documentación e información que precisen para que cando saian nos medios non saian soamente para ocupar espazo.
Todo isto sen olvidarnos das actividades que se están organizando dende todas as áreas e que o Bng califica de “festiñas” con esa rabia e con esa terminoloxía tan paupérrima que os caracteriza, só coa finalidade de confundir e desprestixiar.
A QUÉN PRETENDEN ENGANAR?
Alá eles! Xa lles adiantamos que poden seguir dándolle que mazan en ferro duro por que nós vamos seguir ó noso, traballando arreo e defendendo os intereses de Ribadeo e dos nosos veciños.