“Asemade temos coñecemento de novos proxectos do concello para cortas diante das vivendas sociais e no parque municipal, no parque de San Francisco”.
Diante desta situación que “consideramos inaceptable e contraria a un proxecto dun Ribadeo máis habitable e saudable, mesmo contraria á imaxe da vila, decidimos solicitar unha entrevista informal ao sr. Alcalde de Ribadeo para expoñer o malestar xerado polas cortas realizadas e esixir o pórlles fin. Asemade, convocamos unha concentración da veciñanza para o martes día 3 ás oito da tarde diante do concello, con fin de apoiar a nosa postura e facer patente a necesidade dun proxecto consistente aliñado co ben da cidadanía”.
“Por iso convidamos ó pobo, agrupacións e organizacións sociais, culturais e en xeral a toda a cidadanía a participar en dita concentración”.