As xornadas contarán con charlas, talleres, degustacións, sorteos de cestas con produtos e animación infantil
Entre as diferentes casetas poderase atopar unha selección dos mellores queixos, embutidos, hortalizas, verduras, produtos de herbolario, alimentación ecolóxica, panadería, chocolates e mel da zona.
Entre as moitas actividades que se desenvolverán durante a fin de semana, o sábado na Carpa da Feira realizarase un “Taller de cera: ver de cera para vos nenos” (11:00 a 20:00h), ademais de contar con animación infantil como pintacaras (12:00-13:30h). Esa mesma mañá terá lugar a charla “Os cabalos de pura raza galega”, impartida por PURAGA no Centro Social Alameda (12:00-12:45h). A xornada matinal concluirá cunha degustación gratuíta de produtos agroalimentarios da man da Asociación Entre Fogóns no Mercado Municipal (13:30-14:30h). Pola tarde, poderase gozar dun espectáculo de Maxia para nenos a cargo de Magic Mateo (17:30-18:30h).
As xornadas de animación infantil mantéñense tamén para o domingo, día en que a Feira abrirá ás 10:00h, iniciando a xornada co taller de cera, que se manterá ata as 20:00 h. Tamén haberá Teatro infantil da man de Brincadeira Pirata na Carpa da Feira (16:00-17:30h). O domingo contará con dúas charlas, ambas as no Centro Social Alameda, unha pola mañá, “AGA: Produtos de colmea” (12:00-12:45h) e outra pola tarde, “AGA: Apicultura e biodiversidade” (16:00-16:40h). Un taller de extracción de mel para toda a familia culminará as actividades desta feira, na Carpa da Feira (17:30-18:15h).
Desde a organización anímase a todos os veciños de Ortegal e arredores a acompañalos no que sen dúbida será unha saborosa fin de semana para toda a familia cargado de actividades para todos os gustos.