Foz, 4 de novembro de 2024. O Concello de Foz organiza para este sábado, día 9 de novembro, a partir das 19:30 horas a gala de elección da raíña ou rei do Entroido 2025. A entrada será de 5 euros e este importe será doado aos damnificados da Dina, tanto na conta oficial da Generalitat Valenciana coma ao Banco de Alimentos de Valencia. Así mesmo todo aquel que queira deixar unha doazón superior tamén será recollida. “Actualmente a loxística de envíos para a zona é difícil, polo que o envío de medios económicos para subministro en zonas máis próximas é moito máis eficiente” explica o concelleiro de Festas, Ángel Fernández Neira.
Este martes, día 5, finaliza o prazo para a presentación de candidaturas e o mércores 6 coñecerase o listado de persoas que o día 9 expoñerán as súas razóns ao público asistente para ser o representante do Entroido de Foz 2025.
A gala contará coa animación do dj Alejandro Martínez e poderanse degustar as hamburguesas de The Machete Xperience. Será unha tarde noite de diversión e antes da media noite coñecerase á persoa elixida.