A Fundación Expomar colabora coa Consellería do Mar da Xunta de Galicia na “Feira Expomar de Cabo Verde” promocionando o sector pesqueiro galego
A Fundación Expomar está presente dentro da misión comercial da Consellería do Mar da Xunta de Galicia, encabezada polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, xunto a outras entidades galegas relacionadas coa área marítimo-pesqueira, co obxectivo de afianzar os vínculos pesqueiros e lazos comerciais entre Galicia y Cabo Verde. O propio Villares participou este xoves na inauguración do evento, ao que a delegación da Xunta asiste tamén para promocionar o sector pesqueiro galego.
O xerente da Fundación Expomar, José M. González ‘Brais’, aproveita esta estancia para reforzar aínda máis os contactos que a entidade de Burela ten coa delegación de Cabo Verde desde hai anos, convidando a distintas institucións caboverdianas a estar presentes na próxima edición de Expomar, que terá lugar no porto de Burela en maio de 2025. Trasmiteu ás institucións locais un saúda de parte da presidenta e de todo o padroado da Fundación Expomar, esperando contar un ano máis coa presenza da delegación caboverdiana nesa vindeira edición da feira en Burela.
Asimesmo, agradeceuse á Consellería do Mar non só o feito de contar con Expomar dentro desta delegación comercial, senón tamén toda a colaboración que está tendo para a promoción de Expomar 2025.