Site icon Crónica3.com A Mariña

A Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo ofrecerá o concerto de Santa Cilla o 20 de novembro

Ribadeo, 15 de novembro de 2024. A Escola Municipal de Música e Danza (EMMeD) de Ribadeo celebra o vindeiro mércores, 20 de novembro, ás 19:00 horas no Auditorio Hernán Naval, o seu tradicional concerto na honra de Santa Cilla, patroa dos músicos, que será a primeira actividade que realiza neste curso escolar.

Polo escenario do auditorio pasarán alumnas e alumnos da Escola que interpretarán obras de diversos estilos. Agrupacións de vento, corda, tecla, danza, entre outros, darán forma ao programa deste concerto, aberto ao público e gratuíto.

Esta actuación é a previa do gran Festival de Nadal que a Escola celebrará o 14 de decembro tamén no Auditorio Municipal Hernán Naval e no que participará a maioría do alumnado do centro.

A concelleira de Educación e Cultura, Begoña Sanjurjo, anima “a todas e todos os ribadenses a celebrar a patroa da música participando nas actividades preparadas polas distintas entidades”.

Exit mobile version