Rivera Capón explicou que “a Deputación está comprometida en facer que a igualdade sexa unha realidade concreta e efectiva. Por iso, traballamos en políticas públicas que promovan a inserción laboral e a autonomía económica das mulleres, conscientes de que a independencia financeira é un dos piares fundamentais para romper coas dinámicas de desigualdade e violencia de xénero. Sabemos que sen esa autonomía, as mulleres seguen sendo máis vulnerables ás situacións de abuso e discriminación”. Ademais, incidiu en que a educación é a clave para transformar mentalidade e derrubar os estereotipos de xénero que perpetúan a desigualdade.
Ao acto de inauguración tamén asistiu a Concelleira de Muller, Igualdade e Inclusión, Ángeles Novo Martínez, e a Directora da UNED Lugo, Ana Traseira, entre outras autoridades.