Site icon Crónica3.com A Mariña

A Cónsul Xeral de Arxentina visitou este luns Ribadeo

Ribadeo, 4 de novembro de 2024. A Cónsul Xeral de Arxentina visitou este luns Ribadeo. O Concello aposta por establecer unha estratexia económica internacional para seguir medrando como punto de atracción comercial e empresarial., segundo subliñou o alcalde, Dani Vega.

O rexedor manifestou: “dámoslle de a benvida á Cónsul Xeral de Arxentina a Ribadeo. Dende logo, para nos é unha honra recibila e agradecer que o Consulado entenda que os municipios, que os Concellos, tamén estamos nunha estratexia económica. Ribadeo estase convertendo na capital da inversión, na capital do emprendemento, había que ler os datos de onte, onde un medio de comunicación trasladaba e explicaba perfectamente que Ribadeo crece en empresas, crece en un movemento económico, 41 empresas novas, 41 firmas que se estableceron en Ribadeo e hai que sumar o relevo xeracional, os cambios de titularidade, pero na barra que crecemos, que desenrolamos, é na barra das novas empresas que se establecen en Ribadeo”.

Para Vega “é clave ter unha boa relación coas administracións e é clave e é fundamental ter unha boa relación cos Consulados. Están dentro dunha estratexia económica que a Xunta, o Goberno central, teñen esas vías de comunicación comerciais e os Consulados representan e realizan un bo traballo. Ter unha boa comunicación co Consulado arxentino é importante, desde un punto de vista económico comercial clave, desenvolver, activar a internacionalización neste mes de novembro, vaise dar un foro económico sobre a internacionalización económica, sobre o financiamento tamén de moitas empresas. Creo que o Consulado ten que ter presenza, foi invitado xa a participar. Creo que estamos traballando nunha estratexia económica para seguir crecendo desde un punto de vista comercial, empresarial, en definitiva económico. Tamén temos unha relación cultural, unha gran pegada cultural que nos une”.

O alcalde indicou: “evidentemente, Galicia e Ribadeo é un pobo agradecido. Todas as persoas que marcharon a Arxentina, facer as américas, traballar para ter algo, e agora que retornaron, pois eu creo que tamén debemos ser un pobo agradecido con Arxentina, como ese pobo que nos acolleu. Hai que agradecerlles o que fixeron e o que fan. Evidentemente, nosoutros vamos seguir celebrando e poñendo en valor toda esa estrutura arquitectónica que ten Ribadeo, que ten esa unión cos pobos, como por exemplo tamén Arxentina, por iso celebramos o Ribadeo Indiano, e queremos poñelo en valor tamén. Desde un punto de vista cultural, desde un punto de vista social, como pobo que nos acolleu, e nos que somos pobo agradecido, tamén llelo recoñecemos”.

Dani Vega anunciou que “vamos seguir abordando asuntos co Consulado e vamos seguir traballando conxuntamente. Desde un punto de vista económico comercial, desde un punto de vista cultural social, pero tamén entendendo que as administracións deben ter unha boa relación, os municipios, os Concellos tamén somos claves para que a estrutura económica se estableza nos municipios, pero que teña tamén unhas canles de comunicación que son, perfectamente, os Consulados para seguir traballando na economía internacional que os Concellos tamén podemos facer”.

Exit mobile version