O tema será o Nadal, acompañado de elementos representativos de Foz, xa que a postal gañadora será a que o Concello utilice como felicitación oficial.
A técnica será libre, sempre e cando non leven elementos que sobresaian e os traballos deberán realizarase en cartolina dun tamaño de 16x11cm. Se se inclúe texto este deberá ser en galego.
“Estamos moi contentos de levar a cabo este concurso que todos os anos ten moi boa acollida entre os centros e que nos fai desfrutar da inventiva dos máis novos. Debuxa o que máis che guste do Nadal de Foz e fáinolo chegar á biblioteca, a túa idea pode ser a escollida para felicitar o Nadal de focegos e visitantes”, explica a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que engade: “as postais premiadas serán anunciadas á finalización do período de presentación e avisarase do día da entrega de premios. Anímamos a todas as nenas e nenos a participar e desfrutar debuxando o Nadal de Foz”.