O concerto será o sábado, día 23 de novembro, ás 13 horas no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurny, 19, Burela
Burela, 18 de novembro, 2024. Satenta, alén de ser a pronuncia popular dun número, son unha banda de punk en galego formada no 2015 en Valga (Pontevedra). O próximo sábado 23 de novembro ás 13 horas o grupo ofrecerá un recital no centro social Xebra!, en Burela.
Despois de varias mudanzas na formación ao longo da súa traxectoria, Satenta chega á Mariña para presentar ‘Ecos de loita’, o seu último traballo de estudio. Con influencias de grupos como Guns N’Roses, The Clash ou The Offspring, os cinco músicos traen cancións rápidas e potentes, con letras reivindicativas e moita diversión. Centro social e banda animan o público a unha sesión vermú chea de ritmo, baile e aperitivos.