Site icon Crónica3.com A Mariña

Xuntanza de Acisa co Club de Remo Ribadeo

Ribadeo, 24 de outubro de 2024. Acisa recibiu a visita da directiva do Club de Remo Ribadeo, que lle fixo entrega dun agasallo como agradecemento pola súa colaboración económica no último ano.

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos foi un dos patrocinadores cos que contou o Club de Remo Ribadeo.

Acisa renovará o seu apoio a este club ribadense nas vindeiras semanas. A presidenta, Carmen Cruzado, deséxalles “moitos éxitos e moita sorte ás rapazas e rapaces do Club de Remo de Ribadeo na nova tempada” e agradécelles que “o nome de Acisa e o de Ribadeo suban aos podios dos campionatos nos que participan. Sempre é un orgullo saber dos seus bos resultados, que son un premio a todo o esforzo que realizan”.

En Acisa reuníronse o presidente e a tesoureira do Club de Remo Ribadeo, Jesús Carreira e Beatriz Irigoyen, coa presidenta e o xerente da asociación empresarial, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, que agradeceu o detalle recibido: “os seus éxitos son os nosos. Estamos moi contentos por todas as medallas logradas e agardamos que consigan moitas máis”.

Exit mobile version