A vila conta cun stand propio no que ata o domingo se promociona o atractivo histórico e paisaxístico da comarca, a Semana Santa e a súa gastronomía.
Na xornada de hoxe, estivo representando a Viveiro o segundo tenente de alcaldesa e concelleiro de Mar, Jesús Fernández.
O concello ofreceu en Xantar unha degustación de empanada de merluza do pincho e Pan dos Apóstoles, e difundirá durante estes días material de promoción turística.
“Viveiro é natureza, patrimonio histórico e cultural, paraxes extraordinarias, montaña, mar… e por suposto un moi boa gastronomía, poñendo na mesa a excelente materia prima que nos da Galicia”, afirmou Fernández.
“Desde hai anos, traballamos ademais para acompañar todo isto dunha ampla oferta cultural, deportiva e de lecer, e aí está a nosa Semana Santa, o Resurrection Fest, a programación do Teatro Pastor Díaz, as festas patronais, o noso Nadal ou o Entroido”, engadiu.
O concelleiro do Mar puxo en valor que “o sector pesqueiro e Viveiro, e en concreto o porto de Celeiro, traballa duro cada día baixo estrictos criterios de sostenibilidade para facernos chegar un produto único, a merluza do pincho, un produto estrela sexa cal sexa a súa forma de elaboralo e de presentalo”.