Site icon Crónica3.com A Mariña

Viveiro celebrará do 14 ao 20 de outubro a 6ª edición de Superarte

Viveiro, 5 de outubro de 2024. O Concello de Viveiro celebra entre os días 14 e 20 de outubro a 6º edición de Superarte, a mostra de teatro feita por persoas con diversidade funcional.

A mostra adícase este ano ao síndrome de down, “cun certame multidisciplinar para sensibilizar e facer divulgación a través das artes escénicas e as artes plásticas”, explica a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.

Haberá tamén un taller de percuterapia para os usuarios de Aspanane e para aquelas persoas con síndrome de down ou outro tipo de diversidade funcional e as súas familias que queiran participar.

“Superarte é xa un sinal de identidade do noso goberno local, un piar desde o que construír paso a paso un Viveiro máis inclusivo; o certame cumpre a súa sexta edición como un referente na visibilidade das persoas con diversidade funcional”, sinala a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro.

“Un pracer para o goberno local traballar para celebrar este certame e pola inclusión real, xa que aínda queda moito camiño por percorrer”, engade Lara Fernández Fernández-Noriega.

A próxima semana presentarase a programación completa.

Exit mobile version