Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha vintena de apicultores participan no curso de preparación decolmeas para o inverno que se está a desenvolver en Barreiros, promovidopola área de Rural da Vicepresidencia da Deputación

Barreiros, 6 de outubro de 2024. Barreiros acolleu esta fin de semana as dúas primeiras sesións do curso de iniciación á apicultura e preparación das colmeas para o inverno, promovido pola área de Rural da
Vicepresidencia da Deputación de Lugo coa colaboración do Concello de Barreiros.

Unha vintena de persoas -todas as prazas dispoñibles – están participando nesta formación impartida por persoal da Casa do Mel de Goente na que se abordan cuestións como a retirada do mel excedente, o control do alimento para a supervivencia das colmeas ou a colocación de tratamentos, cunha parte teórica, na escola de Celeiro de Mariñaos, e outra práctica, nunha produción de mel na Rexa.

O curso, que se completará con duas xornadas máis os días 19 e 20 de outubro, inclúese nun programa de formación en apicultura que está a desenvolver a área de Rural, dirixida por Daniel García, co obxectivo de ampliar e actualizar os coñecementos de apicultores e apicultoras e espertar o interese por esta actividade entre as persoas máis novas.

Desde o pasado mes de xuño, desenvolverónse actividades formativas tamén no Valadouro, Vilalba, Xove, Pantón, Muras, Cervo e Mondoñedo.

Exit mobile version