Ocorreu no monte de Barcela, en Lamas de Moreira. O 112 Galicia tivo constancia do suceso a través das urxencias sanitarias, uns vinte minutos antes das 19:00 horas desta tarde. Segundo a persoa que alertou, a un operario caéralle un piñeiro enriba das pernas, aínda que non se atopaba atrapado. Decontado, os xestores do 112 Galicia informaron do suceso á Garda Civil e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Fonsagrada. Aínda que o persoal sanitario mobilizou o helicóptero medicalizado con base en Ourense, o ferido sería atendido e trasladado en ambulancia ata o hospital de referencia.
Un traballador foi trasladado logo de caerlle unha árbore enriba das pernas na Fonsagrada