Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo de 44 mulleres de Ribadeo participaron o pasado domingo na viaxe ao Balneario de Guitiriz, que foi organizada pola Concellaría de Igualdade

A edil Begoña Sanjurjo explicou que “foi unha xornada de convivencia e desconexión do mundanal ruído”. E contou que “a meteoroloxía deixounos desfrutar da contorna do balneario e da área recreativa da Carballeira en Parga, onde comemos”. A concelleira de Igualdade dixo que “foi unha experiencia que nos deixou gañas de repetir”.

Exit mobile version