A edil Begoña Sanjurjo explicou que “foi unha xornada de convivencia e desconexión do mundanal ruído”. E contou que “a meteoroloxía deixounos desfrutar da contorna do balneario e da área recreativa da Carballeira en Parga, onde comemos”. A concelleira de Igualdade dixo que “foi unha experiencia que nos deixou gañas de repetir”.