Foz 22 de outubro, 2024. Eloi Tre Polo, alumno de 2º de Cociña no IES de Foz vén de gañar o trofeo de prata no XXIII Campionato Internacional de Pizza Picante celebrado en Scalea, Calabria (Italia). É a segunda vez que o IES de Foz participa neste concurso organizado polo “Movimento Pizzaioli Italiani”, a maior asociación de pizzeros de toda Italia que forma aos mellores pizzeros do mundo.
O alumno estivo acompañado da súa profesora de pastelería, Conchi Carreiras, coa que preparou unha pizza ao aroma de pemento de Padrón e queixo Tetilla.
Esta mobilidade está encadrada dentro do programa Erasmus+, da acción 2024-1-ES01-KA121-VET-000209232 que dotou ao IES de Foz con 24656 euros. Grazas a Erasmus+ o alumnado de ciclos formativos de grao medio pode participar en concursos relacionados coa FP en Europa, unha oportunidade única para aprender, prepararse e coñecer outras gastronomías.