O evento deportivo terá lugar os días 26 e 27 de outubro nos dous pavillóns ribadenses. Cinco equipos galegos e tres asturianos protagonizarán estas dúas xornadas cun total de 12 encontros, que se disputarán o sábado 26 en horario de mañá (11:00 e 12:30 horas) e tarde (18:00 e 19:30 horas) e o domingo 27 en quenda de mañá (10:30 e 12:00 horas). O acceso a todos eles será libre. Na presentación do Norteo participaron as concelleiras de Turismo e Seguridade, Marta Saiz e Montse Seijo, o concelleiro e o técnico de Deportes, Francisco José Silvent e Iván López, así coma o presidente do CB Ría de Ribadeo, José Ramón Vázquez.