Site icon Crónica3.com A Mariña

Tarde adicada ao cinema feito no Medio Rural, este sábado no Teatro das Cortes, no lugar do Xestoso, O Vicedo

O Vicedo, 29 de outubro, 2024. O sábado día 2 quen se achegue ao Teatro das cortes poderá gozar de unha tarde adicada ao cinema feito no Medio Rural, por xente do rural.

Ás 18h Coloquio con Manolo González, Marisa Otero, e Abelardo Rendo

Será un luxo ter a Manolo González, profesor, investigador do cinema en Galicia. Creador e director da Axencia galega do Audiovisual (2005- 2009), estudoso da historia do cine en Galicia, sobre a que ten publicacións como “Documentos para a Historia do cine en Galicia”, “Nos días encantados de agosto” biografía de José Gil. Na actualidade, coordina o Chanfainalab De San Sadurniño.

O Chanfainalab é unha actividade colectiva que se fai no Concello de San Sadurniño unha fin de semana de setembro, onde se xuntan directores, e apaixoados do cinema coa xente do lugar para compartir historias e experiencias, para crear pequeñas pezas audivisuais nas que actúan e dirixen os propios veciños.

Marisa Otero e Abelardo Rendo xunto con outros compañeirxs cos que compartían a súa paixón polo cinema, crearon no ano 2008 no Concello de Vedra, perto de Compostela a Asociación Sen un Peso e o LAV (Laboratorio audivisual de Vedra). Dende o ano 2008 ao 2023 o LAV demostrou que na aldea tamén se poden facer iniciativas anovadoras capaces de dinamizar e liberar de prexuizos ao espazo rural.

Os cursos de formación para todas as idades onde podían participar rapaces dende os dez anos ou xente da terceira idade, a convivencia entre profesionais e amadores compartindo espazo e coñecemento, fixeron do LAV un espazo moi atractivo para que moitxs tiveran o seu primeiro contacto co mundo audiovisual.

O LAV complétabase cunha mostra audiovisual na que se proxectaba cinema galego: curtas e longametraxes, de xénero documental ou de ficción. Moitas veces os seus directores ou directoras acudan a presentalas e establecer un coloquio, porque a mostra concebíase como unha ferramenta para dar a coñecer as creacións audiovisuais galegas e xerar debate arredor delas.

Ás 19:30h Proxección de escolma de curtametraxes do Chanfaina Lab e da Asociación Sen un Peso. A entrada será de balde

Exit mobile version