A serie de veladas musicais continúa cun novo encontro o sábado 2 de novembro a partir das 22 horas, no centro social Xebra, na rúa Leandro Cucurny 19, Burela
Os artistas convidados serán Cartuho e F1N05. O primeiro é o proxecto musical dun artista natural do Valmiñor mais afincado en Santiago de Compostela. O DJ forma parte do colectivo Kadiq, que organiza festas deste xénero en Madrid e Galicia, e presenta o podcast ‘Tendiendo a Cero’. Chegará esta fin de semana a Burela para presentar unha carta musical ecléctica na que predomina, sobre todo, o ‘break’.
A outra cabeza que completa o cartaz é FIN05, que aterra no antigo bar da Figueira para presentar o seu novo proxecto audiovisual. O artista promete un directo cheo de sintes modulares, moogs, distorsión, techno hipnótico e ruidismo épico.
Organización e artistas animan ao público a asistir e prometen un encontro que incitará á diversión e que estimula –desde a alegría e a música– o misterio e a emoción do Samaín.