O rexedor considera que “seguimos modernizando o Concello e por iso queremos habilitar unha oficina clave como complemento á creación dunha identidade dixital. Destacar que xa van máis de mil citas atendidas para a obtención dun certificado dixital. Isto antes non se facía en Ribadeo, había que acudir a outras administracións e agora sí. Así damos un salto cualitativo para a modernización en materia dixital do noso Concello”.
Vega explicou que “as persoas que precisen obter o certificado dixital poden acudir con cita aquí ás instalacións municipais e, nese marco do compromiso continuo coa modernización, a mellora dos servizos públicos, o Concello de Ribadeo reafirma un apoio total á cidadanía na adopción de ferramentas dixitais que simplifiquen e axilicen os trámites administrativos. Por iso, habilitamos esta oficina dixital, esta oficina de rexistro clave para esa identidade dixital. Este é un paso clave dentro dunha estratexia de modernización, tamén do noso Concello. Hai que camiñar na liña da inversión, da xestión, pero tamén da modernización das administracións e neste caso do Concello”.
O alcalde indicou: “por iso, hai que entender que o Concello nestes momentos está facendo un esforzo para asesorar, para que todo o mundo poida ter este rexistro clave, aquí no Concello. E non teña que ir a outros municipios ou a outras administracións para conseguir ese rexistro clave para conectarse con outras administracións para facer calquera tipo de xestión, de petición, de mover documentos… Iso xa se pode facer aquí no noso Concello. Polo tanto, calquera persoa que queira vir pode pedir cita de forma presencial ou tamén xa na nosa páxina web www.ribadeo.gal e aí xa vai poder conseguir esa cita e vai ser atendido e asesorado para ter ese certificado dixital para que poida facer todo tipo de trámite coas administracións”.