Alfoz, 19 de outubro do 2019. O Concello de Alfoz informa que recentemente foi certificada a obra da cuberta da pista de pádel municipal, cun investimento de 96.899,15 €. Esta actuación levouse a cabo grazas ao convenio interadministrativo entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Alfoz, dentro do marco das actuacións previstas para a anualidade de 2023, que inclúen a “cuberta da pista de pádel (con honorarios) e mobiliario da vivenda social en Lagoa”.
A partir de hoxe, a pista de pádel municipal queda aberta para todos os usuarios que desexen facer uso dela. Con esta mellora, seguimos a traballar para ofrecer instalacións deportivas de calidade, fomentando o deporte e o lecer no noso municipio.
Dende a Concellería de Deportes destacan a importancia desta actuación para o fomento do deporte en Alfoz: “Esta mellora na infraestrutura permitirá aos veciños e veciñas gozar dun deporte en auxe como é o pádel, nunhas condicións óptimas durante todo o ano. A prioridade do Concello de Alfoz é mellorar as instalacións deportivas e seguir apostando por actividades que promovan un estilo de vida saudable. O noso compromiso é seguir traballando para ofrecer á veciñanza espazos modernos e adaptados ás súas necesidades”.