“Estamos traballando xa nunha segunda fase para conseguir abrir a parrillada do parque e mellorar os xogos”, sostén Míriam Bermúdez
Viveiro, 22 de outubro de 2024. A tenenta de alcaldesa de Viveiro e concelleira responsable de Obras e Medioambiente, Míriam Bermúdez, informa do remate da primeira fase dos traballos de renovación do parque Pernas Peón.
Ademais, os traballos primaron a seguridade para a veciñanza neste espazo de lecer, talando algunhas tuias e outras árbores porque segundo os informes técnicos tiñan serio risco de desprendementos e caídas. Os expertos tamén advirten da necesidade de podar eucaliptos do parque por estar enfermos e en mal estado.
As obras incluíron a eliminación de tocos e a retirada dunha parte do muro que delimita a zona norte do parque, mellorando o acceso cara á praia de Covas.
A creación dun paso de peóns elevado, a pavimentación dos accesos ao restaurante e aseos públicos e a construción dunha beirarrúa de 3 metros de ancho forman tamén parte das melloras, que permitirán unha mellor accesibilidade no parque.
“Estamos traballando xa nunha segunda fase de actuacións para conseguir abrir a parrillada do parque e mellorar os xogos”, engade.
Os traballos da primeira fase foron financiados nun 90% polos fondos do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da Unión Europea, e foron supervisados polos técnicos municipais, “quenes velaron polo bo desenvolvemento técnico das mesmas, traballo imprescindible, e que agardamos sexan de agrado e disfrute para a veciñanza”.