O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, contou que “ata as doce desta noite é posible inscribirse na I Xincana Vila de Ribadeo, que terá lugar o vindeiro sábado, 19 de outubro”.
O edil ribadense sinalou que “ata o momento contamos con 150 participantes. Desde o Concello queremos animar á veciñanza de Ribadeo e dos concellos da contorna a anotarse para pasar unha tarde de sábado diferente”.
E subliñou: “hai que lembrar que hai diversas categorías e contaremos cunha adaptada para que as persoas con discapacidades poidan participar coas súas familias ou coas súas amizades”.
A I Xincana de Orientación Vila de Ribadeo dará comezo ás 17:00 horas a carón da Casa do Concello. O tempo máximo para facer o percorrido será de dúas horas e media. O evento está organizado polo Concello ribadense e por Xesta Natureza.