Site icon Crónica3.com A Mariña

Recta final para os Trails Monte Comado

Barreiros, 6 de outubro, 2024. O domingo 13 de outubro terán lugar en Barreiros a VIII edición dos Trails Monte Comado, organizada pola Asociación Deportivo Cultural praias e Comado, contando coa coorganización do Concello de Barreiros, a colaboración da Delegación de deportes da Xunta de Galicia e a Agrupación de protección civil.

A saida e meta estarán localizadas na praza do Souto de San Miguel de Reinante, percorrendo gran parte dos montes do concello de Barreiros, en duas distancias, 12 km. e 26 km.

De especial interés pola sua beleza son a fraga de Sto. Estvo do Ermo e o cumio do Monte Comado.

A saida do Trail 26k será ás 9.30 h., mentres que unha hora máis tarde será o turno do Trail 12k.

A entrega de trofeos está prevista para as 13.30 h. e ó remate da mesma haberá uns peticos para corredores e acompañantes.

Esta asociación xa organizou a Carreira popular das prais e a carreira ½ km vertical monte Comado, todas elas pertencentes ó Circuito +kms Barreiros organizado polo concello.

As inscripcións rematan este vindeiro xoves día 10 de outubro, e para iso poden acceder á web do evento www.mediokmverticalmontecomado.jimdofree.com

Exit mobile version