Site icon Crónica3.com A Mariña

Presentación do libro ‘Canastas y Medallas, la historia del baloncesto olímpico’, este xoves na libraría Bahía de Foz

Foz, 14 de outubro, 2024. Este xoves, 17 de outubro, ás 20:30h na Libraría Bahía de Foz, preséntase o libro ‘Canastas y Medallas, la historia del baloncesto olímpico’. Contarase coa presenza dos seus autores: Roberto Anidos e Eduardo Fernández.

Roberto Anidos é redactor deportivo especializado en baloncesto desde a súa revista dixital piratasdelbasket.net. A través do seu medio estivo presente en todas as competicións, tanto a nivel nacional como internacional dende o ano 2009. Colabora con distintas radios, Deportes Cope Santiago, Radio Galega e Radio Marca Coruña, tanto en programas deportivos como na locución de encontros.

Eduardo Fernández é corresponsal en EEUU da revista Gigantes del Basket (1987-1996) e colaborador dos diarios AS, El Mundo e el Observador de la Actualidad, ademais de nas revistas FIBA Basketball e a italiana Giganti del Basket. Redactor e productor nos Estados Unidos da serie “Chócala” de RTVE (1991-1992), entrevistou a máis de 50 xogadores e entrenadores dos equipos norteamericanos que paticiparon nos Xogos Olímpicos dende 1936 a 1992.

Dous grandes coñecedores, por tanto, do mundo do baloncesto tanto a nivel nacional coma internacional que contan neste libro a historia olímpica desde deporte desde os seus principios ata a actualidade. Cita obrigada para todas as persoas amantes do mundo do basket.

Exit mobile version