Site icon Crónica3.com A Mariña

Os socialistas da provincia ao PP: “Menos fotos e máis traballo real polos veciños e veciñas desta provincia”

Lugo, 15 de outubro de 2024. Os socialistas da provincia de Lugo pídenlle ao PP “máis traballo e menos fotos, porque esas escenificacións que fan só son cortinas de fume para ocultar a súa falta de propostas serias”. Apuntan que os populares, nun intento desesperado por ocultar a súa incapacidade para presentar propostas construtivas, se vexan na obriga de “tirar de armario” para encher reunións que contan con menos da metade dos alcaldes e portavoces que din representar. É lamentable que se utilicen estas tácticas para intentar crear unha falsa imaxe de respaldo”.

Desde o PSdeG-PSOE “instamos ao Partido Popular a deixar de lado as fotos e as poses, e a centrarse no que verdadeiramente importa: o traballo serio e construtivo polos veciños e veciñas de Lugo. A rede viaria provincial, como outras infraestruturas, está a ser mellorada polo goberno da Deputación, con proxectos que responden ás necesidades reais da poboación. As súas críticas, sen fundamento nin propostas alternativas, non contribúen ao avance que todos desexamos para a provincia”.

Mentres o PP segue preocupado polas fotos, desde o goberno da Deputación “estase traballando para mellorar a provincia, investindo na modernización das infraestruturas, no mantemento dos espazos públicos e en proxectos que atenden ás demandas sociais”, afirman, ao tempo que explican que “a veciñanza da provincia de Lugo merece un compromiso real, non simples campañas de imaxe. Nós seguiremos comprometidos co desenvolvemento e benestar de todos os municipios, traballando día a día dun xeito serio e rigoroso para facer de Lugo unha provincia mellor”, afirman dende o PSdeG.

Exit mobile version