Site icon Crónica3.com A Mariña

Os pais e nais de 4º de primaria do Ceip Virxe do Carme de Burela denuncian a falta de profesores de apoio

Burela, 8 de outubro, 2024. Os pais e nais de 4º de Primaria do Ceip Virxe do Carme de Burela solicitaron ante a súa inspectora de centro, ante a administración de inspección de Educación de Lugo, ante RRHH de Santiago e ante o persoal do Proxecto Proa+, a necesidade de asignar profesores de reforzo ás aulas de 4º de primaria do citado centro, xa que a ratio nesas clases está cuberta e sería necesario un desglose para que as necesidades educativas destes nenos e nenas foran cubertas coas debidas garantías.

As familias queren recalcar que as dúas clases de 4º contan cun alumnado moi diverso, con nenos que teñen dificultades de aprendizaxe e necesidades específicas de apoio, facendo que non se garantice que os obxectivos académicos se poidan acadar por parte de todo o alumnado.

Os pais e nais queren amosar o seu malestar ante a Consellería de Educación e non descartan futuras mobilizacións para que se lles dea unha solución axeitada.

Exit mobile version