Muras, 23 Outubro, 2024. Estaba consciente e foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.
Apenas uns minutos antes das sete desta mañá, o 112 Galicia recibiu un aviso por un vehículo envorcado fóra da vía no concello lugués de Muras. No interior había unha persoa atrapada, que necesitaba a axuda dos equipos de emerxencias para poder saír do coche e recibir asistencia.
Se ben estaba consciente, presentaba lesións que debían ser valoradas polo equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. Así, unha vez foi liberado polos Bombeiros de Vilalba, a dotación sanitaria conduciu o ferido ao centro hospitalario de referencia.
Cómpre engadir que o accidente produciuse na LUP-3406, ao paso pola localidade de Muras. Neste punto, o vehículo que manexaba o afectado envorcou fóra da vía. Outra persoa que pasaba pola zona converteuse no alertador, que realizou a chamada ao 112 Galicia e posibilitou a posta en marcha do operativo de rescate.