Efrén Castro participou neste encontro lúdico, que complementa as 130 visitas a granxas e pequenas producions que se están a desenvolver na terceira edición do programa
As personaxes creadas por Pepe Carreiro teñen un papel dinamizador nesa iniciativa xa que son os protagonistas do libro “Os Bolechas van da escola á granxa”, no desenvolve dun xeito didáctico e ameno os obxectivos do programa e que se entrega a todas as nenas e nenos que participan nas visitas a través das anpas.
A maiores, os colexios entran no sorteo dun encontro coas coñecidas personaxes infantís que, nesta edición, premiou ao colexio riotortense, que participa no programa desde a primeira edición, en 2022, e que, nesta edición, visitaron a produción de plantas aromáticas, especias e hortalizas deshidratadas Milhulloa, en Palas de Rei.
O vicepresidente da Deputación Efrén Castro agradeceu “á anpa e ao profesorado a participación no programa que supón un reforzo para a iniciativa e, especialmente, para as produtoras e produtores que reciben as visitas, que ven recoñecido e valorado o seu traballo” e destacou a contribución que “Os Bolechas fan a esta iniciativa da área de Rural co libro “Os Bolechas van da escola á granxa” que trasmite as nenas e nenos o papel fundamental que o sector primario ten na produción de alimentos e no mantemento da biodiversidade do territorio e da paisaxe”
O CEIP de Riotorto é un dos máis de 40 colexios que participan nas 130 visitas e obradoiros que se desenvolven nesta terceira edición do programa, na que participan 34 granxas, producións agrarias e pequenas producións alimentarias das distintas comarcas.