Site icon Crónica3.com A Mariña

Obradoiro de Lettering no Valadouro

O Valadouro, 17 de outubro, 2024. Alba Farto, ilustradora, imparte un Obradoiro de Lettering, técnica tamén coñecida como rotulación, que consiste en Debuxar as letras con: pincel, tinta, rotuladores,… e sentar as bases pra seguir practicando na casa e acabar facendo letras con soltura e creando obra propia. O lettering tamén ten o obxectivo de descubrir o desenvolvemento creativo, ademáis de favorecer a concentración e a relaxación.

Este Obradoiro está inserido no programa de dinamización de bibliotecas públicas, Ler Conta Moito e está destinado a nenos/as e mozos/as de 5º e 6º de CEIP de Santa María do Valadouro e os catro cursos do IES Alfoz-Valadouro de xeito prioritario.

Debuxar Letras desenvólvese o venres 25 de outubro a partir das 18:00 horas na Casa da Cultura do Concello do Valadouro e ten prazas limitadas. Deben inscribirse os interesados no teléfono 982571516 ou no correo cultura@valadouro.gal

Exit mobile version