Será o venres 11 de outubro e traerá ata a localidade á cantante Lara Hoevenaar, unha recoñecida voz dentro do panorama jazzistico. Estará acompañada polo asturiano Marco Martínez, profesor da Escola de Música Moderna de Oviedo e director do Seminario de Improvisación de Siero, xunto ao que ofrecerá un repertorio en homenaxe ás grandes voces femininas do jazz clásico dos anos 20 e 30 no que non faltarán nomes como os de Bessie Smith, Billie Holliday, Ela Fitzgerald ou Sarah Vaughan. Pola súa banda, o equipo do restaurante deseñará un menú específico para esta convocatoria. As prazas son limitadas e é imprescindible reserva.