Site icon Crónica3.com A Mariña

O proxecto “De Catedral a Catedral” toma forza cunha andaina popular o vindeiro día 2 de novembro en Mondoñedo

O proxecto, de iniciativa popular, ten por finalidade potenciar a o comezo da peregrinación a Compostela en Mondoñedo, conectando as dúas únicas catedrais do Camiño Norte en Galicia

dav

Mondoñedo, 22 de outubro, 2024. O vindeiro sábado día 2 de novembro, ás 11:00h terá lugar unha andaina popular para amosar o apoio á iniciativa “De Catedral a Catedral” que ten por obxecto potenciar o Camiño Norte a Santiago, facendo saída dende Mondoñedo coa fin de conectar as dúas únicas catedrais que existen no Camiño Norte, en Galicia e, tanto máis canto que, a Catedral de Mondoñedo é a única que o peregrino pode atoparse entre Santander e Santiago.

O paseo do vindeiro día 2 de novembro sairá da Praza da Catedral e, seguindo o itinerario do Camiño Norte, subirá pola Rúa Rigueira ata San Caetano, dende onde se pode ollar toda a Cidade de Mondoñedo. Dende aí abandonarase o trazado xacobeo e voltarase a baixar a Mondoñedo, á Fonte Vella, polas estreitas rúas que se sitúan sobre ela.

Este paseo ten por finalidade potenciar este tramo do Camiño propoñendo unha peregrinación que pode facerse nunha semana. Con saída en Mondoñedo e un itinerario que propón fins de etapa en Abadín-Gontán, Vilalba, Baamonde, Sobrado, Arzúa, O Pedrouzo (Concello de O Pino) e remate, por suposto, en Santiago de Compostela.

Este proxecto, que nace da iniciativa popular, conta co apoio da Xunta de Galicia e do Concello de Mondoñedo e considérase un factor de gran interese para a hostalería, restauración, comercio e turismo local e da contorna.

Por iso, dende o Concello de Mondoñedo quixérase trasladar á poboación a invitación a vir a participar nesta andaina que terá unha duración estimada de 30 minutos para un percorrido estimado de 1,5Km.

Exit mobile version