Os populares tamén ven necesario tomar as medidas necesarias nun acceso á praia do Acantilado así como esixir á Demarcación de Costas que efectúe as reparacións necesarias para devolvelo ao seu estado orixinal
Ademais de dita fosa, existe outra, algo máis pequena, igualmente moi perigosa, ao pé dun paseo peonil, na zona detrás do Hotel-Restaurante Acantilado, e que a día de hoxe está sen valar nin sinalizar.
Neste senso, o voceiro popular, José Manuel Gómez Puente, explica que “pese a todas as denuncias públicas que realizamos e todas as mocións que defendemos no pleno, nada se fixo” polo que “vémonos na obriga de insistir para que o Concello de Barreiros tome as medidas oportunas”.
Por iso, os concelleiros populares defenderán no vindeiro pleno unha moción que o goberno local de Barreiros vale de forma eficaz os accesos para impedir que calquera poida achegarse ás fosas, evitando así calquera risco.
Do mesmo xeito, tamén se pedira que se inste á Demarcación de Costas a que adopte as medidas necesarias para repoñer os dous afundimentos o seu estado orixinal.
A realidade é que estas fosas son moi perigosas, sobre todo pola noite e nas horas de pouca luz xa que poden ser dificilmente visibles.
“Consideramos unha absoluta neglixencia e dolo a xestión do Concello de Barreiros con respecto a esta situación, que se desentende de forma dolosa, grave e reiterada das competencias municipais atribuídas pola lexislación estatal, polo que instamos novamente a urxente toma de medidas de seguridade, mantemento e iluminación de dita zona, en especial das fosas xa referidas”, sinalou o voceiro popular, que engade que “no caso de que suceda calquera tipo de accidente o responsable directo será o Goberno Municipal xa que o mantemento dos espazos públicos e da seguridade das persoas non están a ser correctamente por parte do goberno local”.