Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP e o BNG volven a unirse para defender ante o TACGAL “que as axudas a usuarios da Residencia de Maiores de Foz son de interese público”

Sucedeu no pleno extraordinario urxente celebrado onte e no que os populares velaron polos intereses dos residentes, en contra da proposta do señor Cajoto e da empresa que propuxo como adxudicataria

Foz, 30 de outubro de 2024. O PP e o BNG volven a unirse para defender ante o Tribunal Administrativo de Contratación Pública de Galicia (TACGAL) que as axudas a usuarios da Residencia de Maiores de Foz son de interese público. Sucedeu no pleno extraordinario urxente celebrado onte e no que os populares velaron polos intereses dos residentes, en contra da proposta do señor Cajoto e da empresa que propuxo como adxudicataria

O PP e o BNG deixaron claro no pleno que hai unha razón clara de interese público, que prima sobre calquera outra, que é non deixar desamparadas ás familias que non poden pagar a residencia polos altos prezos que presenta a empresa e que avala o PSOE.

“Desde o Partido Popular de Foz apoiamos a emenda do BNG na que se incluía un informe que contradí a versión do alcalde ante o TACGAL que entendemos só favorecía ao recurso da empresa reclamante que cre que non é de interese público que os usuarios non podan pagar a residencia”, explica o voceiro popular, Javier Castiñeira.

“Cajoto converteu este expediente nun esperpento administrativo e lamentamos que siga insistindo en adxudicar o servizo da Residencia de Maiores sen resolver as axudas antes ata o punto de saltarse a legalidade, como fixo no pleno do 15 de xullo e que mañá hai que anular”, finaliza Javier Castiñeira.

Exit mobile version