A portavoz, Mariña Gueimunde, explica que “os espazos verdes e as escaleiras da igrexa de San Francisco son de competencia do Concello” igual que o cemiterio de Viveiro “porque é municipal”
Gueimunde explica que “non hai máis que consultar o visor dos bens patrimoniais do noso Concello para ver que tanto as escaleiras coma os espazos verdes son municipais. É máis, alí están aloxados os servizos sociais do Concello”.
A popular sinala que “estamos cada vez peor e o que esiximos ao goberno local é un pouco de respecto”. E máis concretamente á señora tenente de alcaldesa pídenlle que “se poña as pilas” porque “fala de que sexa o clero o que se faga cargo dos desbroces e labores de mantemento do cemiterio, pero o de Viveiro é municipal. Hai outros que son parroquiais, pero o de Viveiro é competencia do Concello”.
“Se cre que non ten nada que ver co entorno da igrexa nin co cemiterio, a tenente de alcaldesa está afastada da realidade do noso Concello porque, gústalle máis ou gústelle menos, a nosa historia e o noso patrimonio está moi vinculado ao clero”, engade.
De feito, “non hai nada máis que ver que a nosa Semana Santa está declarada Festa de Interese Turístico Internacional”, conclúe.