Os populares laurentinos consideran “irresponsable” a actuación do goberno local que recoñeceu limpar con recursos públicos propiedades privadas que afectan a beirarrúas
Lourenzá, 7 de outubro de 2024. O PP de Lourenzá definen como “alarmante” que para o PSOE local non sexa prioritario loitar contra os incendios forestais e crear emprego ao mesmo tempo. Desde o goberno local manifestan que fan traballo de rozas mecanizadas, pero os populares insisten en que iso non impide dispoñer tamén dunha brigada de incendios, que aparte de crear emprego, non supón gastos ao erario local porque é subvencionada pola Xunta de Galicia.
Así mesmo, os concelleiros do PP de Lourenzá consideran “irresponsable” que o goberno local dirixa labores de limpeza a través de empregados públicos en fincas privadas que afectan a beirarrúas.
Por outra banda, o PP local xa ten advertido en plenos da tardanza de pagos a asociación culturais, deportivas, etc. E no pleno celebrado este mes de outubro, o goberno local sinalou que só queda pendente de pagar a 2 asociacións, pero consideramos que “non é comprensible que as asociacións que desenvolven unha importante labor cultural e deportiva estean 8 meses sen recibir as subvencións acordadas, escusándose en papeleos pendentes”.
Ademais, engaden que “nos constan que hai asociacións que os presentaron reiteradamente e, para colmo de males, no pleno anterior o goberno local manifestaba que non realizará convocatorias para as asociacións nos vindeiros anos. Polo tanto, dende o PP advirten que “se o Concello non axuda ás asociacións que son as que realmente levan o peso da dinamización cultural do municipio porque o goberno local apenas programa actividades -só teatro-, Lourenzá pasará sen apenas cultura”.
Os populares tamén advirten que “todo parece indicar que o colexio quedará sen a axuda para o pago de libros” despois de que “o goberno local puxera neste pleno como escusa que este ano presentou a documentación fóra de prazo; cando dende o centro explican que se presentou igual que en anos anteriores”.