Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP celebra a súa xuntanza de traballo en Mondoñedo para poñer en valor As San Lucas

Os deputados populares aproveitaron esta reunión de traballo para avaliar todas as propostas realizadas por alcaldes e portavoces dos 67 concellos da provincia nas xuntanzas realizadas por toda a provincia para recoller propostas para incorporar aos orzamentos da Deputación do próximo ano

Mondoñedo, 16 de outubro de 2024. Os deputados do Grupo Provincial Popular seguen a deslocalizar as xuntanzas periódicas de traballo por toda a provincia e hoxe reuníronse en Mondoñedo, aproveitando o inicio das festas de As San Lucas, para poñer en valor a feira máis antiga de Galicia.

O grupo provincial do Partido Popular mantén a liña iniciada ao comezo do mandato de deslocalizar as reunións de traballos e organización de grupo, que se convocan ao longo da provincia demostrando que se pode apostar polo trato igualitario na provincia, aproveitando ademais para convidar ás mesmas aos alcaldes e voceiros da zona.

Nesta ocasión, os deputados populares avaliaron todas as propostas realizadas polos alcaldes e voceiros do PP nos 67 concellos da provincia nas diferentes reunións realizadas por toda a provincia nas últimas semanas para realizar un documento con propostas para que PSOE e BNG as teñan en conta de cara á súa incorporación aos orzamentos do vindeiro ano.

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, recorda que “todas as propostas son veñen dos alcaldes e voceiros, que son as persoas que están en contacto directo cos seus veciños polo que son os que mellor coñecen a realidade de cada municipio”, ao que engadiu que “con este documento que defenderemos no pleno deste mes queremos acadar un trato igualitario para todos os veciños da provincia e que a Deputación de Lugo volva a ser o motor que todos precisamos e non o lastre no que a converteron socialistas e nacionalistas”.

Exit mobile version