Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP afirma que “a parálise do goberno de Foz provoca que o concello lle adebede centos de miles de euros a provedores, asociacións e clubs”

“Esta falta de pagamento levase producindo varios meses e, en caso de non resolverse esta situación, pode poñer en risco varios servizos”, advirte o voceiro popular, Javier Castiñeira

Foz, 14 de outubro de 2024. O Partido Popular denuncia que a parálise do goberno de Foz provoca que o concello lle adebede centos de miles de euros a provedores, asociacións e clubes. “Esta falta de pagamento levase producindo varios meses e, en caso de non resolverse esta situación, pode poñer en risco varios servizos xa que moitas empresas, asociacións e clubes que traballan para o concello poderían ter problemas para cumprir cos seus compromisos”, advirte o voceiro popular, Javier Castiñeira.

Exemplos como o da Residencia de Maiores, cunha débeda á empresa de máis de 120.000 euros, e servizos como o da recollida de material no punto limpo e outros máis están en perigo pola falta de xestión do equipo de goberno.

“Esiximos ao goberno local que deixe de botarlle a culpa aos técnicos e que solucione esta situación, que xestione e que pague a todas esas empresas, asociacións e clubes que prestan servizos ao concello. E, do mesmo xeito, lle volvemos a insistir ao BNG que se aclare en que lado está; terá que decidir se lle sigue dando carta branca ao PSOE, sendo cómplice desta nefasta xestión económica, ou se está en desacordo cal vai a ser a posición que vai a adoptar” finaliza Javier Castiñeira.

Exit mobile version