Site icon Crónica3.com A Mariña

“O Porto de Burela en clave feminina” e “Cuadros de honra dos Patróns Maiores da Confraría”, novas actividades do centenario da Confraría de Pescadores de Burela

Burela, 7 de outubro, 2024. Con motivo de celebración do seu centenario, a Confraría de Pescadores de Burela presenta outras dúas novas actividades que levan por nome “O Porto de Burela en clave feminina” e “Cuadros de honra dos Patróns Maiores da Confraría”. Ambas inauguracións terán lugar mañá martes, 8 de outubro ás 13H, no salón de actos da confraría para, a continuación, disfrutar de ambas exposicións.

A través destas exposicións de carácter permanente preténdese poñer en valor os traballos desenvoltos por mulleres no mundo do mar: mariñeiras, peixeiras, conserveiras, redeiras, estibadoras, etc., así como facer un percorrido histórico a través dos distintos Patróns Maiores que foron representantes da entidade ao longo dos seus cen anos de vida. Tamén queremos dar visibilidade a todos estes oficios marítimos-pesqueiros e que servan de referencia para dar continuidade aos traballos que ofrece o sector mariño, de forma que as novas xeracións vexan no mar unha oportunidade para desenvolveren a súa profesión, axudando así a facer fronte á problemática do relevo xeracional.

Estas actividades están enmarcadsa dentro do proxecto “Actividades Centenario Confraría de Pescadores de Burela”, que conta cunha axuda do Programa #FEMPA da Consellería do Mar, e que foi tramitado no GALP A Mariña-Ortegal na convocatoria 2024.

O proxecto “Actividades Centenario Confraría de Pescadores de Burela” pretende divulgar a cultura mariñeira, poñer en valor os traballos do mar desenvoltos por mulleres, a integración social, o relevo xeracional e potenciar a labor social da Confraría de Pescadores de Burela nos seus 100 anos de historia, entre outros obxectivos.

Exit mobile version