Site icon Crónica3.com A Mariña

O Parlamento aproba unha iniciativa socialista para esíxirlle á Xunta que asuma as súas competencias na xestión do marisqueo e escoite ao sector para superar a crise de produción

Julio Abalde critica a “posición ambigua” do conselleiro, que “non axuda nada á coordinación e unión necesaria para facer fronte á situación dramática do marisqueo en Galicia”

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2024. A Comisión de Pesca do Parlamento aprobou hoxe por unanimidade unha iniciativa do Grupo Socialista para reclamarlle ao goberno galego a que abra canles de diálogo co sector marisqueiro para escoitar ás súas aportacións para superar a “situación dramática” provocada pola crise de produción.

A iniciativa foi presentada polo portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio Abalde, que apuntou que “a Consellería do Mar segue sen exercer as súas competencias no sistema de xestión do marisqueo en Galicia”. Lembrou que está obrigado a adoptar plans de xestión logo da “audiencia do sector afectado” e esixiulle que exerza as súas competencias exclusivas abrindo canles efectivas de diálogo entre tódolos axentes do sector.

Lembra que o goberno galego debe liderar a coordinación dos axentes implicados na actividade económica do marisqueo, dándolle voz aos representantes da actividade extractiva do marisqueo a pé ou en embarcación como sector afectado pola actividade marisqueira.

Criticou a “posición ambigua” do conselleiro diante do desacordo entre a Comisión Mar – Industria da CEG, que pide a creación de mesas técnicas de traballo para a mellora da xestión do marisqueo, e as confrarías que rexeitan esta vía por que a consideran unha “intromisión” xa que no dito órgano non hai representantes do marisqueo. Sinalou que o sector pide a convocatoria dos pósitos de marisqueo da Federación Galega para acordar unha posición común.

Abalde subliñou que o goberno galego debe darlle voz aos representantes da actividade extractiva do marisqueo -a pé ou en embarcación-, como sector afectado pola actividade marisqueira, e ademais debe liderar a coordinación co resto dos axentes implicados na actividade económico do marisqueo en Galicia.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a exercer as súas competencias exclusivas na xestión do marisqueo en Galicia abrindo canles efectivas de diálogo entre tódolos axentes do sector, dando voz na xestión dos bancos marisqueiros aos representantes da actividade extractiva do marisqueo a pé ou en embarcación, como sector afectado pola actividade marisqueira, e lidere a coordinación co resto dos axentes implicados na actividade económica do marisqueo en Galicia”.

Exit mobile version