Site icon Crónica3.com A Mariña

Comezaron os traballos de dragaxe en dúas zonas do porto de Cariño

O proxecto consistirá na extracción de máis de 20.000 metros cúbicos de area

Cariño, 4 de outubro, 2024. O vindeiro luns 7 de outubro darán comezo os traballos de dragaxe en dúas zonas do porto de Cariño, unha operación moi esperada no municipio e que conta coa colaboración da Consellería do Mar e de Portos de Galicia.

O proxecto de dragaxe consistirá na extracción de máis de 20.000 metros cúbicos de area na zona da rampla e na zona dos peiraos de atracada comercial interiores, unha actuación moi demandada polos veciños e veciñas que contan con embarcacións no peirao e coa que poderán acceder a elas dunha maneira máis sinxela.

Esta intervención, á que se comprometeu a Consellería do Mar hai uns meses, conta cun orzamento basee de 677.000 euros. Trátase da última das obras planeadas na zona portuaria de Cariño, logo das diferentes actuacións que se realizaron na zona durante os últimos meses, incluíndo unha limpeza do propio porto derivada do atraso técnico no proceso da licitación da dragaxe.

A alcaldesa do municipio, Ana María López, destacou “la importancia de este proyecto para nuestro concello por el gran impulso que supone para el puerto, que a partir de ahora será una zona más accesible para todos”. La regidora también quiso agradecer “la ambiciosa apuesta de la Xunta de Galicia por nuestra localidad motivada por el diálogo continuo del equipo de gobierno con las instituciones, que ha conseguido atraer inversión de otras administraciones a Cariño”.

Exit mobile version