Será na Casa da Cultura ás 18:00 horas con entradas a 3 euros. Unha creación de María Torres e Gonçalo Guerreiro, dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Kyoki é unha mirada cómplice, reflexiva e sensible ás experiencias que viven tanto as persoas que necesitan ser coidadas como as propias coidadoras.
A familia, as institucións médicas e as institucións sociais están presentes nos tres personaxes interpretados pola actriz protagonista: a avoa, a súa filla e a doutora.